Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras para a reforma dun baixo no edificio do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos (CFEAM), para a creación dun centro ocupacional e residencial para persoas con discapacidade.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 25/2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=303697

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: obras de reforma de locais no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos (CPA: 41.00.3 e CPV: 45000000-7).

c) División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación:

199.979,50 € + 41.995,70 € (IVE) = 241.975,20 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 3 de abril de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 12 de abril de 2018.

c) Contratista: Construcciones Orega, S.L. (B32184558).

d) Importe de adxudicación:

197.719,73 € + 41.521,14 € (IVE) = 239.240,87 €.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social