Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2018 Páx. 24586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018042AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 6 de abril de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018042AL-LU, incoado a Jorge Luis Gonzáles Ordóñez, titular do establecemento Cafetería Express, sito na rúa Álvaro Cunqueiro, 30, de Foz.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 de dita lei, notifícaselle a Jorge Luis Gonzáles Ordóñez o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírtese que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 27 de abril de 2018

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2018042AL-LU.

Interesado: Jorge Luis Gonzáles Ordóñez.

NIE: X4644226C.

Último enderezo coñecido: rúa Álvaro Cunqueiro, 30, 27780 Foz.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigos 5.1 e 5.4.a) e punto 1 do capítulo I do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigos 3.6 e 10 do Real decreto 3484/2000, de 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, do 12 de xaneiro de 2001).

Tipificación provisional: dúas infraccións leves, tipificadas no artigo 51.1 parágrafos 1º e 10º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €), a razón de trescentos euros (300,00 €) por cada unha das infraccións.