Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2018 Páx. 24588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 22 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de resolucións de recursos de alzada no procedemento BS626F.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse mediante edicto as resolucións ditadas nos recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas no anexo ao seren devoltas polo servizo de Correos, con fin de que no prazo dun (1) mes desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan persoalmente ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución. Advírtese que, de non facelo así, se terán por notificados.

Advírtese que contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición competente, no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 22 de febreiro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS626F

Apelidos e nome

DNI/NIE

Núm. expediente

Data e resolución do recurso

De Oliveira s/s, María Fátima

Y3362607K

36038009216

9.10.2017 estimación parcial

Freese Lois, Jenny María

X0723192A

36011000216

3.7.2017 desestimación

Salazar Jiménez, Argentina

77460247L

36041003113

2.10.2017 desestimación

Sotelo Bamba, Carlos

36079611V

36057055115

31.5.2017 estimación