Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2018 Páx. 24349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a comunicación de inicio do procedemento sancionador por infracción administrativa na orde social do expediente 44084039P/19/01/2018/2.1.E e dez máis.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), mediante publicación no Boletín Oficial del Estado, polo incumprimento dos preceptos que se detallan, notifícaselles ás persoas interesadas relacionadas no anexo deste anuncio as comunicacións de inicio de procedemento sancionador, por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

En atención ao previsto no artigo 40.5 da LPAC, o acto non se publica na súa integridade, polo que se lles fai saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da comunicación de inicio do procedemento sancionador está ao seu dispor, para a súa consulta, nas dependencias da oficina de emprego que lles corresponda, durante o prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Unha vez producida a referida notificación, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles para formularen, por escrito, ante a oficina de emprego correspondente, as alegacións que xulguen oportunas, documentalmente acreditadas. Transcorrido o dito prazo, esta xefatura territorial ditará a correspondente resolución.

O prazo para ditar resolución será de seis meses, desde a data do acordo de inicio do procedemento. Transcorrido o dito prazo, producirase a caducidade do procedemento e ordenarase o arquivamento das actuacións, sen prexuízo de que a Xefatura Territorial de Pontevedra poida instar un novo procedemento, se a acción non está prescrita.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, expido e asino este anuncio.

Vigo, 2 de maio de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos sancionadores

Proposta de sanción

Beatriz Buceta González

44084039P/19/01/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Alejandro Gallego del Cura

71528571C/23/01/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Damián González González

53481468M/15/01/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Marcial López Poceiro

36150715M/07/12/2017/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Conteh Morlai

70371523H/13/04/2018/2.1.D

Artigo 24.3.d)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Ignacio Pérez Quero

52496351R/04/01/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Luís Piñeiro Álvarez

76826842B/08/01/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Óscar Ramos Torres

35465537C/02/04/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Alejandro Veiga Martínez

77422666C/08/01/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

José María Vidal Caramés

76928878L/18/01/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Javier Vidal Domínguez

76820483T/03/01/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego