Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2018 Páx. 24352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización da contratación polo procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada, dos servizos técnicos para a preparación das bases e realización do estudo de reestruturación parcelaria en 4 zonas en proceso de reestruturación parcelaria (expediente 49/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos técnicos para a preparación das bases de reestruturación parcelaria en 4 zonas.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=208758

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 203, do 25 de outubro de 2017.

e) División por lotes e número: si. Catro. Lote 1: Nogueira (Meis-Pontevedra), ST-5194. Lote 2: Curro-Portela (Barro-Pontevedra), ST-5195. Lote 3: San Martiño-Armenteira Sector I (Meis-Pontevedra), ST-5196. Lote 4: San Martiño-Armenteira Sector II (Meis-Pontevedra), ST-5197.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 224.115,92 €. IVE (21 %): 47.064,34 €. Importe total: 271.180,26 € (a distribución por lotes especifícase no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 224.115,92 €.

5. Financiamento: cofinanciado con fondos Feader nun 75 % (medida 4.3), nun 17,5 % pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a través da Consellería do Medio Rural e nun 7,5 % pola Administración xeral do Estado a través do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

6. Adxudicación e formalización dos contratos.

• Lote 1: Nogueira (Meis-Pontevedra), ST-5194.

a) Data de adxudicación: 15 de febreiro de 2018.

b) Adxudicataria: Estudios del Noroeste, S.A.

c) Importe de adxudicación : 55.065,85 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 23 de marzo de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación e cumprir os requisitos dos pregos de condicións.

• Lote 2: Curro-Portela (Barro-Pontevedra), ST-5195.

a) Data de adxudicación: 15 de febreiro de 2018.

b) Adxudicataria: Elecero Ingeniería y Construcción, S.A.L.

c) Importe de adxudicación : 31.818,86 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 21 de marzo de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación e cumprir os requisitos dos pregos de condicións.

• Lote 3: San Martiño-Armenteira Sector I (Meis-Pontevedra), ST-5196.

a) Data de adxudicación: 15 de febreiro de 2018.

b) Adxudicataria: Eido Ingenieros, S.A.

c) Importe de adxudicación : 49.950,00 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 23 de marzo de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación e cumprir os requisitos dos pregos de condicións.

• Lote 4: San Martiño-Armenteira Sector II (Meis-Pontevedra), ST-5197.

a) Data de adxudicación: 15 de febreiro de 2018.

b) Adxudicataria: Eido Ingenieros, S.A.

c) Importe de adxudicación: 17.999,00 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 9 de abril de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación e cumprir os requisitos dos pregos de condicións.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural