Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24030

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 9 de maio de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía, para as persoas residentes en Venezuela, o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 14 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2018 (PR925A).

BDNS (Identif.): 391178.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes rematará o 5 de xuño de 2018.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración