Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2018 Páx. 23945

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 49/2018).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 49/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Plata Pais contra José Manuel Muíño Sánchez, Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

En Santiago de Compostela o dezanove de abril de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza 433/2017 do 29.9.2017 ditada no procedemento DSP 216/2017 a favor da parte executante, Dolores Plata Pais, fronte a José Manuel Muíño Sánchez, Fogasa, parte executada, por importe de 11.540,77 euros en concepto de principal (2.450,53 euros en concepto de indemnización, 9.090,24 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 1.154,07 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o dezanove de abril de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva.

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada José Manuel Muíño Sánchez, dar audiencia previa á parte demandante Dolores Plata Pais e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado se acordará o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Muíño Sánchez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza