Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2018 Páx. 23947

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 39/2018).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 39/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Mujico López contra Mármoles Alende, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Elena Calleja Curros

En Santiago de Compostela o cinco de febreiro de dous mil dezaoito

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza 467/2017 do 23.10.2017 ditada no procedemento DOI 560/2017 e aclarada por auto do 3.11.2017 a favor da parte executante, Roberto Mujico López, fronte a Mármoles Alende, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), parte executada, por importe de 39.975,3 euros (33.310,30 euros en concepto de indemnización, 6.665 euros en concepto de salarios de trámite), máis outros 3.997,53 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o cinco de febreiro de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Mármoles Alende, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 39.975,3 euros (33.310,30 euros en concepto de indemnización, 6.665 euros en concepto de salarios de trámite), máis outros 3.997,53 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0039 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de pescudalos a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Mármoles Alende, S.L., co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Requirir a parte executante, Roberto Mujico López, para que achegue un número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, se é o caso, se poidan obter na presente execución.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles Alende, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza