Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2018 Páx. 23942

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4688/2017 IP).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4688/2017 IP

Xulgado de orixe/autos: impugnación de actos da Administración 959/2013 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4688/2017 desta sección, seguido por instancia de María Jacaranda de la Fuente Evangelista contra Servizo Público de Emprego Estatal, Eurometal Galicia, S.L., sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza, María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 17 de abril de 2018.

Únase o anterior escrito, presentado polo procurador Luis Ángel Painceira Cortizo, en representación de María Jacaranda de la Fuente Evangelista, ao recurso correspondente, xunto coas súas copias.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias dese escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 da Coruña que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Respecto ao primeiro, segundo e outrosí digo, considéranse feitas as manifestacións contidas neles.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurometal Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza