Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23699

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de abril de 2018 pola que se autorizan as ensinanzas profesionais de música no centro autorizado de música Eirís, do concello da Coruña.

A titularidade do centro autorizado de música Eirís, do concello da Coruña, solicita autorización para impartir as ensinanzas profesionais de música.

Logo da tramitación do expediente de acordo co disposto no Decreto 253/1995, do 29 de setembro, de autorización a centros docentes privados para impartiren ensinanzas artísticas, coa Orde do 5 de decembro de 1996, que o desenvolve, e co Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, no cal se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar as ensinanzas artísticas profesionais de música no centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de música elemental e profesional (CEMU).

Denominación específica: Eirís.

Código do centro: 15032960.

Titular: Eirís, S.L.

Domicilio: rúa Castaño de Eirís, 1.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Número de postos escolares autorizados: 80 de grao elemental e 180 de grao profesional.

Artigo 2. Inicio da actividade

Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria