Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 19 de abril de 2018 de modificación da Orde do 29 de xaneiro de 2018 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Somoza.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Somoza e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 11 de agosto de 2017, Jesús Somoza Costa (35421186J), Pilar Somoza Costa (35435368G), Josefa Somoza Costa (76853657P), Fernando Oubiña Somoza (76872866N) e Carmen Cacabelos Somoza (35398437B) solicitaron autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Somoza.

Segundo. Mediante a Orde do 29 de xaneiro de 2018 autorízase a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Somoza a favor de Fernando Oubiña Somoza (76872866N).

Terceiro. O 5 de abril de 2018, os interesados presentaron, por unha banda, a escritura notarial de compravenda outorgada por Jesús Somoza Costa (35421186J), Pilar Somoza Costa (35435368G), Josefa Somoza Costa (76853657P) e Fernando Oubiña Somoza (76872866N) a favor de Fernando Oubiña Somoza (76872866N) e, por outra banda, a escritura notarial de pacto sucesorio de mellora outorgado por Carmen Cacabelos Somoza (35398437B) a favor de Fernando Oubiña Somoza (76872866N).

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Modificar a autorización de transmisión inter vivos por tratarse dunha transmisión inter vivos, e sucesivamente, mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Fernando Oubiña Somoza (76872866N), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Somoza.

Situación:

Cuadrícula número: 40.

Polígono: D.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis) e vieira (Pecten maximus).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 14.4.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Jesús Somoza Costa (35421186J), Pilar Somoza Costa (35435368G), Josefa Somoza Costa (76853657P), Fernando Oubiña Somoza (76872866N) e Carmen Cacabelos Somoza (35398437B).

Novo titular: Fernando Oubiña Somoza (76872866N).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achegar a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 19 de abril de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo