Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23131

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza-Cesuras

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de equipamento en solo rústico para a ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de persoas maiores.

O Pleno do Concello de Oza-Cesuras, en sesión que tivo lugar o 29 de decembro de 2017 adoptou, entre outros, o acordo que a seguir se transcribe:

«Proposta do alcalde de aprobación definitiva do Plan especial de equipamento en solo rústico para a ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de persoas maiores en Oza-Cesuras. (…) dáse conta da proposta de acordo que consta no expediente e que a seguir se transcribe:

“Proposta de alcaldía da aprobación definitiva do Plan especial de equipamento en solo rústico para a ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de persoas maiores en Oza-Cesuras.

Visto o expediente de aprobación do Plan especial de equipamento en solo rústico para ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de persoas maiores en Porzomillos (Oza-Cesuras).

Resultando que, tras a oportuna tramitación, a Xunta de Goberno Local, en sesión do 20 de novembro de 2015, acordou aprobar provisionalmente o citado Plan especial e con data do 22 de marzo de 2016 (RS 782/2016) se solicitou o oportuno informe preceptivo á Consellería de Medio Ambiente, que foi contestado mediante oficio do 16 de maio de 2016 (RE 1981/2016), en que se comunica a necesidade de introducir unha serie de correccións.

Resultanto que, igualmente, se solicitaron os oportunos informes ao Instituto de Estudos do Territorio, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xefatura do Servizo Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, e que se corrixiron diversos defectos de documentación.

Resultando que o 26 de setembro de 2016 (RE 4419/2016) se recibiu nas oficinas municipais información sectorial da Axencia Galega de Infraestruturas sobre a afección do Plan especial, co informe desfavorable xa que sería necesario presentar un documento que recollese o plano do reforzo do sistema viario, indicando a reserva de terreo necesaria para a execución do acceso (vía de acceso á residencia) de acordo coa normativa vixente en materia de acceso e, unha vez presentado o dito documento, debería ser remitido de novo para informe da Axencia Galega de Infraestruturas e, unha vez confeccionados os ditos planos de acceso, estes foron remitidos aos correspondentes organismos sectoriais.

Posteriormente, con data do 1 de febreiro de 2017 (RS 253/2017) remitiuse á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio documentación para aprobación definitiva do citado Plan especial, de decembro de 2016, xunto con outra acompañatoria. Igualmente, o 1 de febreiro de 2017 enviouse o dito documento á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (RS 252/2017).

O 7 de marzo de 2017 (RE 804/2017) recibiuse un requirimento da Delegación Territorial na Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, para completar a documentación remitida consistente en:

a) Realización do trámite de notificación individual ás persoas propietarias dos terreos afectadas pola ampliación da vía de enlace da actuación coa estrada autonómica AC-840 (artigo 86.1.a) da LOUG). Incluirase no plan a relación de propietarios afectados e achegaranse notificacións, avisos de recibo e certificado do resultado do trámite. O acordo de aprobación provisional resolverá sobre as alegacións que, se é o caso, presenten os afectados.

b) Certificado do acordo de aprobación provisional que cómpre adoptar para a solicitude de informe (artigo 86.1.d) da LOUG). A aprobación comprenderá a totalidade do Plan especial, incluíndo o estudo de impacto e integración paisaxística.

c) Exemplar do Plan especial (con inclusión do estudo de impacto e integración paisaxística) que sexa aprobado provisionalmente nos termos indicados no parágrafo anterior, debidamente dilixenciado, facendo constar tal circunstancia.

E con data do 13 de marzo de 2017 (RS 735/2017) remitiuse escrito á Delegación Territorial na Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia solicitando aclaración sobre diversos aspectos do escrito anteriormente indicado. O 24 de marzo de 2017 (RE 1043/2017) recíbese contestación ao anterior oficio deste Concello no senso de que é necesario notificar aos titulares catastrais dos terreos que van ser afectados pola vía de acceso á residencia e proceder á nova aprobación do Plan especial.

Resultando que a Xunta de Goberno Local, en sesión do 7 de abril de 2017, acorda a retroacción das actuacións do expediente administrativo para a aprobación do citado Plan especial co obxecto de completar o trámite de información pública previsto no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, a todas as persoas propietarias dos terreos afectados pola ampliación da vía de acceso á residencia. Segundo se desprende da certificación da encargada do Rexistro Xeral do Concello de Oza-Cesuras, Carmen Cacheiro Muiño presentou unha alegación dentro do prazo dun mes desde a publicación do anuncio no BOP núm. 79, do 27 de abril de 2017.

Resultando que a Xunta de Goberno Local, en sesión do pasado 10 de agosto de 2017, acordou:

– Rexeitar a alegación presentada por Carmen Cacheiro Muiño o 25 de maio de 2017, rexistro xeral de entrada nº 1849/2017, polos motivos expostos no informe do 9 de agosto de 2017 emitido polo secretario-interventor que a seguir se reproduce “Entre as potestades que o artigo 4.1.d) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, outorga aos municipios está a potestade expropiatoria, que os faculta para a privación singular da propiedade privada ou dos dereitos e intereses patrimoniais lexítimos por causa de utilidade pública ou interese sociais -como é o caso que nos ocupa-, quedando garantida a inexistencia dun prexuízo económico ao particular privado forzosamente deses dereitos mediante o pagamento do prezo xusto”, xa que, de levarse finalmente a cabo o proxecto de construción da residencia de personas maiores que se pretende construír en Porzomillos, sería necesario e imprescindible dispoñer de parte dos terreos da súa propiedade para posibilitar a ampliación da vía de acceso á dita infraestrutura, ampliación que figura prevista no Plan especial por requirimento da Axencia Galega de Infraestruturas”, mediante informe sectorial do 26 de setembro de 2016”.

– E ratificar o acordo de aprobar provisionalmente o Plan especial de equipamento en solo rústico para ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de persoas maiores en Porzomillos, adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión do 20 de novembro de 2015.

Posteriormente, con data do 29 de agosto de 2017 (RS 2566/2017) remítese á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Delegación Territorial da Coruña, copia cotexada e dilixenciada da continuación do expediente relativo ao Plan especial de equipamento en solo rústico para ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de persoas maiores en Porzomillos, para os efectos previstos no artigo 86.1.d) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

O 26 de outubro de 2017 (RE 4086/2017) recíbese informe previo favorable á citada aprobación definitiva da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, coas condicións sinaladas nos parágrafos III.5 e III.6, que se reproducen a seguir:

“5. Conexións co exterior: incorpórase unha ampliación da vía de conexión coa estrada autonómica, dando cumprimento á exixencia de reforzo sinalada no punto III.4 do informe do 13.5.2016. O Plan especial prevé unha solución acordo coas condicións do informe da Axencia Galega de Infraestruturas, sen prexuízo de que a AXI emita informe sobre o proxecto de obras correspondente.

No Plan especial que se aprobe definitivamente deberase incorporar a relación de parcelas e titulares afectados pola ampliación (artigos 65 e 86.1.d) da LOUG).

En canto ás redes de servizos, achégase informe do arquitecto técnico municipal do 16.6.2016 en que sinala a suficiencia da capacidade das redes de abastecemento, de auga, saneamento e depuradora de augas residuais, para soportar a actuación prevista.

6. Outros aspectos: o proxecto elimina substancialmente as contradicións observadas, como exixía o punto III.5 do informe do 13.5.2016. No proxecto que se aprobe definitivamente, o cadro do plano O.01 Zonificación debe establecer que a pendente máxima da cuberta será de 5 graos sexaxesimais, como sinala o punto 4.4.3 da normativa do proxecto”.

Igualmente, sinálase no citado informe previo á aprobación definitiva o seguinte “Con carácter previo á licenza municipal, deberá obterse o informe sectorial da Administración competente en materia agraria (artigo 36.2 en relación coa disposición transitoria 1ª.2.d) da LSG)”.

Tendo en conta que con data 28.11.2017 (RE 4685/2017 do 29.11.2017) foron presentados tres exemplares do documento para aprobación defintiva do Plan especial de equipamento en solo rústico para ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de persoas maiores.

Visto o informe emitido o día 20 do mes en curso polos servizos técnicos municipais en que se sinala que “Unha vez revisada a documentación prensentada, así como toda a vinculada ao expediente de referencia, conclúese que é completa e correcta, e cumpre co requirido no referido informe previo á aprobación definitiva emitido pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Con carácter previo á licenza municipal, deberá obter o informe sectorial da Administración competente en materia agraria (artigos 36.2 en relación coa disposición transitoria 1º.2.d) da LSG)”.

Considerando que na tramitación do procedemento administrativo se cumpriron todos os trámites e garantías previstos pola lei; ao abeiro do disposto nos artigos 83, 84, 86 e 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, esta alcaldía propón á Comisión informativa para asuntos de Pleno ditaminar favorablemente a adopción do seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de equipamento en solo rústico para a ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de persoas maiores. Lugar de Porzomillos, pol. 506, parcelas 132, 751, 753, 1009, 1010, 1011, parroquia de Porzomillos, Concello de Oza-Cesuras, promovido por instancia de Lucus Residencial, S.L. e aprobado provisionalmente por acordo da Xunta de Goberno Local en sesión do 10 de agosto de 2017.

Segundo. Publicar este acordo de aprobación definitiva do Plan especial, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia, e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas, no BOP da Coruña.

Terceiro. Dar traslado á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio (actualmente, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia) dunha copia autenticada do exemplar do Plan especial aprobado definitivamente, con todos os planos e documentos integrantes debidamente dilixenciados polo secretario do Concello, facendo constar a dita circunstancia.

Cuarto. A eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento do disposto no artigo 92 de la LOUG e no 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local”.

(…)

O Pleno da Corporación, tras a oportuna deliberación, acorda aprobar por sete votos a favor e catro abstencións (...) a proposta da Alcaldía anteriormente transcrita».

Oza-Cesuras, 23 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (19.3.2018)
Andrés Taboada Marante
Alcalde en funcións