Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato, non suxeito a regulación harmonizada, do servizo de impresión de folletos con despregable interior dos Camiños de Santiago e folleto pasaporte dos Camiños de Santiago, mediante tramitación anticipada, polo procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 26 de decembro de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: impresión de folletos do Camiño de Santiago, con despregable interior, e folleto pasaporte dos Camiños de Santiago, necesarios para o correcto desenvolvemento das funcións encomendadas á Axencia Turismo de Galicia.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 49.504,13 €.

IVE (21 %): 10.395,87 €.

Importe total IVE incluído: 59.900,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de marzo de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 5 de abril de 2018.

c) Adxudicatario: Gráficas Lasa, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 24.250.00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia