De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-1452/2017-ORS e un máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.
A Coruña, 20 de abril de 2018
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente |
Interesado/a |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-1452/2017-ORS |
Daniel Dios Vázquez |
53118917A |
Resolución |
Murráns, 21, Cela, Bueu |
PSC-CO-1457/2017-TRA |
Josefa Alcalde Alcalde |
76496991A |
Resolución |
Vilanustre, Asados,12, Rianxo |