Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo de elaboración do Plan estratéxico de turismo enogastronómico de Galicia, polo procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 26 de outubro de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: elaboración dun plan de turismo enogastronómico de Galicia que coordine as accións para realizar entre todos os sectores implicados: o alimentario, o turístico, o cultural, o académico, etc., nos ámbitos tanto público coma privado.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 70.000,00 €.

IVE (21 %): 14.700,00 €.

Importe total, IVE incluído: 84.700,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 3 de abril de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 13 de abril de 2018.

c) Adxudicatario: José Ignacio Gaztelumendi do Ejo.

d) Importe de adxudicación: 56.000,00 € (IVE non incluído).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia