Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22687

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (recurso de apelación 438/2012).

Eu, María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que na peza civil número 438/2012, dimanante do procedemento ordinario número 1272/2009, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, se ditou sentenza do teor literal seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados

Francisco Javier Menéndez Estébanez,

Francisco Javier Valdés Garrido,

Jacinto José Pérez Benítez,

ditou en nome do rei a seguinte

Sentenza número 336

Pontevedra, catro de setembro de dous mil trece

Visto en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de procedemento ordinario 1272/2009, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, a que correspondeu a peza número 438/2012, nos cales aparece como parte apelante-demandado Emilio Francisco Gestoso Carabia, representado polo procurador Senén Soto Santiago e asistido polo letrado Fidel Riobo Soaxe, e como parte apelado-demandante Miguel Ángel Méndez Viéitez, Mónica Santamaría Vidal, representados pola procuradora Rosario Castro Cabezas, e asistido polo letrado Pablo Quinteiro Moreno; Francisco Dacosta Abilleira, Ana María Galván Torres, José Manuel Pérez Pombo, Rodrigo Vázquez Cabanelas, Ana María Carro Garrido, que non compareceren, e sendo relator o maxistrado Francisco Javier Valdés Garrido, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos

Decidimos

Desestímase o recurso de apelación e confírmase a sentenza de instancia impugnada; todo iso con expresa imposición ao demandado recorrente das custas procesuais da presente alzada.

Así, por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinamolo».

Seguen as rúbricas. Certifico.

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia; para que sirva de notificación a Francisco Dacosta Abilleira, expido e asino o presente testemuño.

Pontevedra, 9 de outubro de 2013

María Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial