Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22685

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (recurso de apelación 290/2011).

Eu, María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que na peza civil número 290/2011, dimanante do xuízo verbal sobre alimentos número 152/2009, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Cambados, se ditou sentenza do teor literal seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados

María Begoña Rodríguez González,

Jacinto José Pérez Benítez,

Celso Joaquín Montenegro Vieitez,

ditou en nome do rei a seguinte

Sentenza número 286

Pontevedra, vinte e seis de maio de dous mil once

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de alimentos 290/2011, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Cambados, a que correspondeu a peza número 290/2011, nos cales aparece como parte apelante-demandante Aurea Méndez Telmo, representada pola procuradora María Rosario Castro Cabezas e asistida pola letrada Myriam Gómez Andrés, e como parte apelada demandado Francisco López Moral, que non compareceu nesta alzada; Ministerio Fiscal, e sendo relatora a maxistrada María Begoña Rodríguez González, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos

Decidimos

Que estimando parcialmente o recurso de apelación formulado pola apelante Aurea Méndez Telmo, representada polo procurador Gabriel Santos Conde, contra a Sentenza ditada nos autos de xuízo verbal número 152/2009 polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Cambados, debemos revogar e revogamos no sentido de estimar parcialmente a demanda e condenar a Francisco López Moral a que lle aboe á demandante en concepto de pensión alimenticia 300 € actualizables desde primeiro de xaneiro de cada ano conforme o IPC sen facer especial pronunciamento en canto ás custas de ambas as dúas instancias.

Devólvase o depósito constituído ao apelar.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados que compoñen esta sala, María Begoña Rodríguez González, presidenta e relatora, e Jacinto José Pérez Benítez, Celso Joaquín Montenegro Vieitez».

Seguen as rúbricas. Certifico.

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Francisco López Moral, expido e asino o presente testemuño.

Pontevedra, 14 de outubro de 2011

María Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial