Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 20 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada nun procedemento xestionado nesta xefatura territorial (expediente 8/2017).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación da resolución ditada pola xefa territorial no último domicilio da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Avenida Salvador de Madariaga , nº 9, andar 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido íntegro da dita resolución. Advírtese que, de non facerse así, se terá por notificada.

Contra a dita resolución poderá presentar, no prazo dun mes a partir do seguinte á notificación, unha reclamación ante esta xefatura territorial, formulando as alegacións e achegando as probas que considere convenientes. Se no prazo indicado non achega reclamación ningunha, a resolución elevarase a definitiva e contra ela poderá interpoñer o recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 20 de febreiro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución

Data da resolución

Álvarez Felpeto, Francisco Xabier

32672105F

8/2017

Concesión

29.12.2017