Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de execución de programas de intervención en réxime de acollemento residencial e/ou de atención de día, dirixidos a menores con medida de protección. 54 prazas (expediente 62/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación, por procedemento aberto, da execución de programas de intervención en réxime de acollemento residencial e/ou de atención de día, dirixidos a menores con medida de protección. 54 prazas. Tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número de expediente: 62/2017.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=222218

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: execución de programas de intervención en réxime de acollemento residencial e de atención de día, dirixidos a menores con medida de protección. 54 prazas.

c) Lotes: si. Número de lotes: 6. Lote 1: Ribeira. 10 prazas. Lote 2: Lugo. 8 prazas. Lote 3: Monforte de Lemos. 8 prazas. Lote 4: Ourense. 8 prazas. Lote 5: O Barco de Valdeorras. 10 prazas. Lote 6: Ponteareas: 10 prazas.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 29 de novembro de 2017.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo total sen IVE: 3.866.972,96 euros. Con IVE: 4.253.773,28 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 5 de marzo de 2018.

b) Data da formalización: 28 de marzo de 2018.

c) Contratistas e importes de adxudicación (exentos de IVE): Lote 1: Fundación Apoio á Infancia e ao Benestar. 830.734,68 euros. Lote 2: Fundación Educativa e Social Dignidade. 714.441,08 euros. Lote 3: Pía Unión Obreras de Jesús. 368.517,92 euros. Lote 4: Asociación de Iniciativa Social Berce. 663.960,00 euros. Lote 5: lote declarado deserto. Lote 6: Aldeas Infantiles SOS Galicia. 452.197,00 euros.

d) Nacionalidade: todas as entidades contratistas teñen nacionalidade española.

e) Vantaxes das ofertas que resultaron adxudicatarias: as ofertas dos adxudicatarios foron seleccionadas como as máis vantaxosas, mediante a aplicación dos criterios obxectivos que figuran no prego de cláusulas.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social