Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican varios actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente PO-000060232 e dous máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas que se sinalan no dito anexo, ou ao seu representante, o acto administrativo que se indica.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada, ou o seu representante debidamente acreditado, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do órgano de valoración da dependencia de Pontevedra, sitas na avenida de Vigo, 16 baixo, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer. Advírtese que, de non atender ao acto que se notifica, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito a prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivo das actuacións, logo de resolución, que lle será notificada.

Vigo, 19 de febreiro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/Nº de expediente

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A

PO-000060232

Martínez Sueiro, Saulo

(35199876D)

Citación

12.1.2018

BS210A

PO-000060730

Sueiro Otero, Sabino

(35406328J)

Citación

30.11.2017

BS210A

PO-000062388

Rodríguez Barciela, Áurea

(76977207W)

Citación

20.12.2017