Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado nun procedemento competencia desta entidade (expediente 2016/100/27).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por descoñecer o lugar de notificación ou ben porque intentada esta, non se puido practicar, notifícaselle o acto administrativo á persoa interesada que se indica no anexo, no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70 planta baixa, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Advírtese que, de non facelo, se terá por notificada e que no prazo de quince (15) días desde o día seguinte á notificación do inicio do trámite de audiencia, este se terá por cumprido.

Lugo, 6 de abril de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2016/100/27.

Persoa interesada: Jesús Pérez Cabanas.

Enderezo actual: rúa Recatelo núm. 9 baixo, 27002 Lugo.

Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia do 6 de marzo de 2018.