Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22646

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do Plan parcial da estrada de Lugo, SUE-4.

O Pleno da Corporación Municipal de Lalín, na sesión que tivo lugar o pasado día 1 de decembro de 2017, acordou:

Aprobar definitivamente a modificación do Plan parcial da estrada de Lugo, SUE-4 de iniciativa particular e por instancia de Consuelo Saavedra Mato e outros.

De acordo coa normativa vixente, procedarase a selar e dilixenciar o dito documento e a realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei do solo de Galicia e no Regulamento para o desenvolvemento da lei.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Lalín, 9 de abril de 2018

Rafael Cuíña Aparicio
Alcalde