Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22645

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Campo Lameiro

ANUNCIO do 13 de abril de 2018 de información pública do estudo de detalle na rúa da Igrexa-San Miguel.

Aprobado inicialmente no 11 de abril de 2018 o estudo de detalle redactado de oficio denominado estudo de detalle para reaxuste de aliñacións na rúa da Igrexa-San Miguel, co obxecto de reaxustar aliñacións na rúa da Igrexa, parroquia de San Miguel, parcelas con referencia catastral 36007AO23000460000DO e 36007AO23000010000DA para desenvolver a construción dun centro de estadía municipal.

En cumprimento do acordo do Pleno do Concello do 11 de abril 2018, e do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello.

A aprobación inicial do estudo de detalle ocasiona a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Campo Lameiro, 13 de abril de 2018

Julio G. Sayáns Bugallo
Alcalde