Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22582

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 33/2015).

SSS Seguridade Social 33/2015

Procedemento orixe: /

Sobre Seguridade Social

Demandantes: Asepeyo Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social

Avogado: Javier Balo Couto

Demandados: Maderas Ovidio, S.L., Juan Manuel Laíño González, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS)

Avogado: Joaquín Pérez Lijo, letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 33/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social, contra a empresa Maderas Ovidio, S.L., Juan Manuel Laíño González, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Decido

Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Maderas Ovidio, S.L., e contra Juan Manuel Laíño González, debo declarar e declaro a responsabilidade directa da mercantil Maderas Ovidio, S.L. no aboamento das prestacións derivadas do accidente de traballo sufrido por Juan Manuel Laíño González o 11 de xaneiro de 2014, e anticipadas por Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151, e, en consecuencia, debo condenar e condeno Maderas Ovidio, S.L., a reembolsar a Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151 o importe das cantidades por esta anticipadas en concepto de subsidio de IT e de gastos de asistencia sanitaria, que ascenden a 12.605,05 euros, con responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS, para o caso de insolvencia da mercantil demandada e como sucesores do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, limitada respecto das cantidades anticipadas por Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151 en concepto de asistencia sanitaria e subsidio de incapacidade temporal, que ascenden 9.661,08 euros; e condeno os demandados a pasaren polas devanditas declaracións e ao INSS, a TXSS e Maderas Ovidio, S.L. a así o acataren e aboaren.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (artigo 191.3.c) da LRXS).

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Maderas Ovidio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza