Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22588

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (768/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 768/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leoarnaldo Pimentel Linares contra Aparcamiento Labacolla, S.L, Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

DOI despedimento obxectivo individual 768/2017

Procedemento orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: Leoarnaldo Pimentel Linares

Avogado: Pablo Manuel de Acosta González

Demandadas: Aparcamiento Labacolla, S.L, Fogasa

Avogado: , letrado de Fogasa

Dada conta no día de hoxe e

Auto.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como procedemento ordinario DOI baixo o número 768/2017, nas que é parte demandante Leoarnaldo Pimentel Linares, asistido polo letrado Sr. de Acosta González, e son partes co-demandadas a mercantil Aparcamiento Labacolla, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo, a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei dito esta con base nos seguintes:

Parte dispositiva.

Dispoño que debo aclarar e aclaro o erro material (por aritmético) na transcrición formulado polo letrado Sr. de Acosta González, actuando en nome e representación de Leoarnaldo Pimentel Linares, fronte á Sentenza número 5/20187, ditada o día 10 de xaneiro de 2018, modificando esta no seu parágrafo quinto do fundamento xurídico cuarto e na súa decisión nos termos seguintes e confirmándose o resto de pronunciamentos íntegros desta.

Onde di: «... 2. ou ben a aboar a favor do Sr. Pimentel Linares a indemnización por despedimento improcedente que ascende a 6.248,62 euros //co correspondente cálculo “por tramos”, valla a expresión, tendo presente a aplicación da disposición transitoria 5ª, punto 2º, da Lei 3/2012, do 6 de xullo, e referíndose o presente debate a unha contratación laboral formalizada con anterioridade ao 12 de febreiro de 2012, sendo así que se ha de calcular a razón de 45 días de salario por ano de servizo polo tempo de prestación de servizos anterior á devandita data e a razón de 33 días de salario polo tempo de prestación de servizos posterior, sen que o importe indemnizatorio resultante poida ser superior a 720 días de salario, salvo que o cálculo da indemnización polo período anterior ao 12 de febreiro de 2012 resultase un número de días superior, en cuxo caso se aplicará este como importe indemnizatorio máximo, sen que o devandito importe poida ser superior a 42 mensualidades en ningún caso-, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano//. Así, ex STSS do 31 de outubro de 2007 e do 11 de febreiro de 2009... Decido. Que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda interposta por Leoarnaldo Pimentel Linares, asistido polo letrado Sr. de Acosta González, fronte á mercantil Aparcamiento Labacolla, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e, en consecuencia, debo efectuar os pronunciamentos seguintes: – Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de Leoarnaldo Pimentel Linares, con data de efectos do día 12 de setembro de 2017, condenando a empresa agora demandada a optar, no prazo de 5 días hábiles contados desde a notificación da presentes sentenza, entre: a) ou ben á readmisión do traballador Leoarnaldo Pimentel Linares coas mesmas condicións laborais que tiña no momento de producirse o despedimento xunto co aboamento a este dos salarios de tramitación que a actuante deixase de percibir desde a data de efectos do despedimento (día 12 de setembro de 2017) ata a data de notificación da presente resolución xudicial á mercantil a razón dunha cota de 43,85 euros diarios; b) ou ben a aboar a favor do Sr. Pimentel Linares a indemnización por despedimento improcedente que ascende a 6.248.62 euros (co correspondente cálculo “por tramos”). Debendo entenderse por parte da mercantil que, para o suposto de non optar entre as opcións impostas no prazo legal dos cinco días hábiles anteriormente descrito, procederá á readmisión do Sr. Pimentel Linares e, por ende, con obriga de aboar a esta os xa citados salarios de tramitación a razón da cota de 43,85 euros diarios, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias nos termos establecidos legalmente. – Que debo condenar e condeno a empresa agora demandada, Aparcamiento Labacolla, S.L. a aboar ao traballador, agora demandante, Leoarnaldo Pimentel Linares, a cantidade de 1.360,18 euros + a cantidade que procede calcular en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal por demora no pagamento do salario (ao 10 % anual), de acordo co disposto no artigo 29.3 do ET en consonancia co artigo 26 do mesmo texto legal (sendo, neste suposto, cantidades de natureza salarial o total das que reúne o principal de condena). Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que corresponda asumir ao Fondo de Garantía Salarial …».

Debe dicir: «... 2. ou ben a aboar a favor do Sr. Pimentel Linares a indemnización por despedimento improcedente que ascende a 7.673,75 euros //co correspondente cálculo “por tramos”, valla a expresión, tendo presente a aplicación da disposición transitoria 5ª, punto 2º, da Lei 3/2012, do 6 de xullo, ao referirse o presente debate a unha contratación laboral formalizada con anterioridade ao 12 de febreiro de 2012, sendo así que se ha de calcular a razón de 45 días de salario por ano de servizo polo tempo de prestación de servizos anterior á devandita data e a razón de 33 días de salario polo tempo de prestación de servizos posterior, sen que o importe indemnizatorio resultante poida ser superior a 720 días de salario, salvo que o cálculo da indemnización polo período anterior ao 12 de febreiro de 2012 resultase un número de días superior, en cuxo caso se aplicará este como importe indemnizatorio máximo, sen que o devandito importe poida ser superior a 42 mensualidades en ningún caso-, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano//. Así, ex STSS do 31 de outubro de 2007 e do 11 de febreiro de 2009... Decido. Que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda interposta por Leoarnaldo Pimentel Linares, asistido polo letrado Sr. de Acosta González, fronte á mercantil Aparcamiento Labacolla, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e, en consecuencia, debo efectuar os pronunciamentos seguintes: – Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de Leoarnaldo Pimentel Linares, con data de efectos do día 12 de setembro de 2017, condenando a empresa agora demandada a optar, no prazo de 5 días hábiles contados desde a notificación da presentes sentenza, entre: a) ou ben a readmisión do traballador Leoarnaldo Pimentel Linares coas mesmas condicións laborais que tiña no momento de producirse o despedimento xunto co aboamento a este dos salarios de tramitación que a actuante deixase de percibir desde a data de efectos do despedimento (día 12 de setembro de 2017) ata a data de notificación da presente resolución xudicial á mercantil a razón dunha cota de 43,85 euros diarios; b) ou ben a aboar a favor do Sr. Pimentel Linares a indemnización por despedimento improcedente que ascende a 7.673,75 euros (co correspondente cálculo “por tramos”). Debendo entenderse por parte da mercantil que, para o suposto de non optar entre as opcións impostas no prazo legal dos cinco días hábiles anteriormente descrito, procederá a readmisión do Sr. Pimentel Linares e, por ende, con obriga de aboar a esta os xa citados salarios de tramitación a razón da cota de 43,85 euros diarios, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias nos termos establecidos legalmente. – Que debo condenar e condeno a empresa agora demandada, Aparcamiento Labacolla, S.L. a aboar ao traballador agora demandante, Leoarnaldo Pimentel Linares, a cantidade de 1.360,18 euros + a cantidade que procede calcular en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal por demora no pagamento do salario (ao 10 % anual), de acordo co disposto no artigo 29.3 do ET en consonancia co artigo 26 do mesmo texto legal (sendo, neste suposto, cantidades de natureza salarial o total das que reúne o principal de condena). Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que corresponda asumir ao Fondo de Garantía Salarial…».

Notifíquese este auto ás partes comparecidas, facéndolles saber que este é firme e contra el non cabe interpoñer recurso ordinario ningún distinto a que, se é o caso, proceda interpoñer contra a resolución á que se refira a solicitude ou aclaración de oficio, de acordo co disposto no artigo 214.4 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza