Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22371

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3416/2016).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 3416/2016 IP

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 119/2016 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Ihor Yaremchuk

Avogada: Raquel Dios Almeida

Recorridos: Fogasa, Fachadas Aifer, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa,

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3416 /2016 desta sección, seguido por instancia de Ihor Yaremchuk contra Fogasa, Fachadas Aifer, S.L., sobre despedimento disciplinario, pola Sala do Social do Tribunal Supremo, se ditou a seguinte resolución:

A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola letrada Da Raquel Dios Almeida, en nome e representación de Ihor Yaremchuk, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 7 de decembro de 2016, no recurso de suplicación número 3416/2016, interposto por Ihor Yaremchuk, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo, de data 5 de maio de 2016, no procedemento nº 119/2016 seguido por instancia de Ihor Yaremchuk contra Fachadas Aifer, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos. Seguen as sinaturas e a publicación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fachada Aifer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza