Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2018 Páx. 22095

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Gijón/Xixón

EDICTO (75/2018).

Eu, Carmen Villar Sevillano, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Xixón, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 75/2017 deste xulgado do social, se ditou a resolución cuxos datos se fan constar a continuación, da cal os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial, e contra a que cabe interpoñer o recurso que se indica:

• Resolución: Decreto do 3.1.2018.

• Prazo para a interposición do recurso de revisión: tres días

• Empresa a quen se notifica: Trabajos y Servicios Lema Maroñas, S.L.U.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Xixón, 22 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza