Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2018 Páx. 22096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a declaración de deserta da licitación da contratación das obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio da Audiencia Provincial de Lugo, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe EP4, prioridade 4c.

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

c) Número do expediente: 2017-OBRSE 04-LU.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=279890

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de mellora da eficiencia enerxética na Audiencia Provincial de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 745000000-7 e outros máis. Ver cláusula 2.1.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 7 marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 271.791,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 247.082,73 €.

Importe total: 298.970,10 €.

6. Data de resolución de declaración de deserto: 12 de abril de 2018, por non se ter recibido ningunha proposición.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza