Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2018 Páx. 21949

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Oza-Cesuras.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria do día 29 de setembro de 2017, aprobou o seguinte:

«17. Aceptación da amplicación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Oza-Cesuras.

1. Aceptar a delegación das competencias en materia tributaria acordada polo Concello de Oza-Cesuras en relación coa seguinte materia: recadación voluntaria e executiva da taxa pola prestación do servizo de saneamento e depuración de augas residuais.

2. A delegación entrará en vigor unha vez que sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 19 de outubro de 2017

Valentín González Formoso

José Luis Almau Supervia

Presidente da Deputación
Provincial da Coruña

Secretario xeral da Deputación
Provincial da Coruña