Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2018 Páx. 21948

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle de parcela en Penedo.

Aprobado inicialmente con data 13 de abril de 2018 o estudo de detalle redactado por Catoure, S.L., referido á parcela de referencia catastral número 32076A05600591 situada no núcleo de Penedo, co fin de desenvolver as determinacións e previsións do planeamento co obxecto de reaxustar aliñacións.

En cumprimento do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local adoptado en sesión do 13 de abril de 2018 e conforme o artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (dirección https://http://sancibrao.sedelectronica.es).

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por el, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

San Cibrao das Viñas, 17 de abril de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde