Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2018 Páx. 21950

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2018 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión, para o exercicio 2018, á Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa).

De conformidade co previsto no artigo 9.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encomenda de xestión, para o exercicio 2018, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa), coas seguintes características:

Actividade: acometida da plantación de camelias na ladeira leste do acceso e de plantas rastreiras no noiro existente a carón da rúa de acceso norte aos edificios Cinc e Museo.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsa a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 .

Prazo de vixencia: o prazo de execución será de un mes desde o inicio dos traballos.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2018

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia