Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2018 Páx. 21869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista correspondente ao proxecto de planta de regasificación de gas natural licuado (GNL) e ampliación de rede en MOP 3,5 bar para a subministración ao termo municipal do Barco de Valdeorras (Ourense), promovido por Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2017/31-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia Galicia, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 22.5.2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A., a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal do Barco de Valdeorras (expediente IN627A 2008/12-0) que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 13 de xullo e no Boletín Oficial da provincia de Ourense do 15 de setembro de 2012.

O 27.11.2017 Gas Galicia SDG, S.A. (actualmente Nedgia Galicia, S.A.) solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución para a planta de regasificación de gas natural licuado (GNL) e ampliación de rede en MOP 3,5 para a subministración ao termo municipal do Barco de Valdeorras (Ourense).

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización para executar a infraestrutura gasista correspondente á planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para a subministración de gas natural ao termo municipal do Barco de Valdeorras.

Descripción das instalacións:

A instalación estará formada por:

• Un tanque de almacenamento de GNL vertical de 80 m3 (79,9 m3 volume neto), unidade para descarga de cisternas, módulos de regasificación, regulación, medida, odorización e sistemas auxiliares; con saída do gas natural a 3,5 bar de presión.

• Consumo previsto: 1.089,00 Nm3/h (cunha capacidade de regasificación de 1.260 Nm3/h).

• A superficie de ocupación do módulo de regasificación é de 1.310,64 m2.

• A instalación localizarase na parcela 3977537PG6947S0001FM do polígono industrial A Raña 227, solo 32315 do Barco de Valdeorras (Ourense).

• Rede de distribución de gas natural a MOP de 3,5 bar cunha lonxitude de 7 m en polietileno de alta densidade.

Concello: as solicitudes afectan o termo municipal do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense.

Orzamento: douscentos catro mil cincocentos corenta euros con dezanove céntimos (204.540,19 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa M. Curros Enríquez, 1, 32003 Ourense.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas