Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2018 Páx. 21868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se outorga a autorización administrativa de construción dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2012/47-1).

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 52, do 14 de marzo de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 15308, nos Antecedentes, onde di: «De conformidade co proxecto sectorial aprobado e en virtude do convenio subscrito entre Xestur A Coruña e Unión Fenosa Distribución, S.A. con data do 1 de xullo de 2001», debe dicir: «De conformidade co proxecto sectorial aprobado e en virtude do convenio subscrito entre Xestur A Coruña e Unión Fenosa Distribución, S.A. con data do 1 de xullo de 2011».