Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21425

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do Plan parcial SUD-6 (expediente FG 575).

Expediente FG nº 575.

Por Resolución desta Alcaldía nº 1382 do 9 de abril de 2018, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan parcial sector SUD-6 Finca Alsina-Lamastelle, en Nós e o estudo ambiental estratéxico (documentos nº 2810, do 16.2.2018).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se xulguen oportunas.

Oleiros, 10 de abril de 2018

Ángel García Seoane
Alcalde presidente