Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21426

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se dá publicidade de actividades suxeitas á avaliación de incidencia ambiental (expediente Aperturas 2013013022).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que José Antonio Guzmán Iglesias solicita licenza de obra e actividade de taller mecánico especializado en sistemas de inxección e diagnóstico de vehículos automóbiles sito na rúa Tres Fontes-Eiroás, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste Concello, no prazo de 20 días desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 22 de novembro de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente