Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21424

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO da oferta de emprego público 2018.

Con data do 28 de marzo de 2018 o concelleiro delegado ditou a Resolución número 732/2018, que acorda o seguinte:

Primeiro. Aprobar a seguinte oferta de emprego público do Concello de Noia para o exercicio 2018, de acordo co orzamento e co cadro de persoal definitivamente aprobados, co seguinte contido:

Posto de traballo

Vínculo

Escala

Subescala

Grupo

Nivel

Acceso

Nº vacantes

1

Auxiliar administrativo

Funcionario

Adm. xeral

Auxilio

C2

18

libre

1

2

Policía

Funcionario

Adm. especial

Servizos especiais

C1

18

libre

3

Segundo. Facer pública a presente oferta de emprego público 2018 deste Concello mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a alcaldía do Concello de Noia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do último dos anuncios, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, sen perxuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Noia, 28 de marzo de 2018

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde