Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21423

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación de volumes no CEIP San Francisco Javier (expediente 631/2015/382).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o día 9 de abril de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes no CEIP San Francisco Javier. Documento para aprobación definitiva. Marzo 2018, redactado pola Oficina Técnica de Planeamento Municipal en maio 2018.

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos previstos no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigo 199 do regulamento), para a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Oficina do Sistema de Información Xeográfica (SIX) e Servizo de Edificación».

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar no enderezo electrónico https.www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento/planeamento vixente ou ben, desde a mesma web, a través do Visor Estado Desenvolvemento PXOM 2013.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do Regulamento de desenvolvemento da citada lei) no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme co dereito.

A Coruña, 12 de abril de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda