Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de abril de 2018 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución ditada no procedemento sancionador incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente SA/CIV/17/00260).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución no procedemento administrativo sancionador que se indica, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia. Na dita resolución, con imposición de sanción de multa nos casos que se indica (sinalando «resolución sancionadora») terase en conta que, unha vez que estea esgotado o prazo do período voluntario para o pagamento da multa, procederase ao cobramento por vía de constrinximento.

Intentada a notificación persoal desta resolución, consonte establece o artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non foi posible efectuala. Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da devandita norma legal, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderá realizar deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo Xurídico II da Secretaría Xeral Técnica, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da delegación da Axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución sancionadora esgota a vía administrativa, e que se pode interpoñer recurso de reposición ante a Secretaría Xeral Técnica. O prazo de interposición do devandito recurso será dun mes computado desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez (10) días antes sinalado ou da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente, provincia:

SA/CIV/17/00260-A Coruña.

Interesado:

José Tato Mateo.

Último enderezo coñecido:

Herbogo, 1, 15911 Rois (A Coruña)

Feitos:

reconstrución de alpendre en zona de afección.

Estrada:

AC-301.

Resolución:

sancionadora.