Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 6 de abril de 2018, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que xulguen pertinentes. Poderán examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 6 de abril de 2018

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Dous Outeiros.

Signatura: R-PO-000104.

Titular: Jaime Fernández Rivera.

Domicilio: rúa Teófilo Llorente, 35.

Concello: Vigo.

Establecemento: Soto.

Signatura: R-PO-001002.

Titular: Pastora Rodríguez Míguez.

Domicilio: rúa Conde, 13.

Concello: Baiona.

Establecemento: Doña Urraca.

Signatura: R-PO-001355.

Titular: Guillermo Liébanas Blanco.

Domicilio: As Fontes-Baíña.

Concello: Baiona.

Establecemento: Metropolitan.

Signatura: R-PO-001690.

Titular: Sanset Boulevar Hostelería, S.L.

Domicilio: rúa Peregrina, 3.

Concello: Pontevedra.

Establecemento: Il Nuovo Tartufo.

Signatura: R-PO-002102.

Titular: José Manuel Enríquez Pregal.

Domicilio: rúa Pizarro, 81.

Concello: Vigo.

Establecemento: Cuatro Caminos.

Signatura: R-PO-002449.

Titular: Alicia Costas Cabadas.

Domicilio: rúa Redondela, s/n.

Concello: Ponteareas.

Establecemento: Miramar.

Signatura: R-PO-002514.

Titular: Jesús Baltasar Fernández Iglesias.

Domicilio: Rocamar-Baredo.

Concello: Baiona.