Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2018 Páx. 21198

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2467/2017).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2467/2017 desta sala, seguido por instancia de Mantelnor Limpiezas, S.L., contra Fogasa, Limpezas del Noroeste, S.A., Concello de Vigo, Emilio Fernández Rodríguez e administración concursal de Limpiezas del Noroeste (Convenia Profesional, S.L.P.), sobre reclamación cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimamos o recurso de suplicación formulado por Mantelnor Limpiezas, S.L., contra a sentenza ditada o 6 de febreiro de 2017 polo Xulgado do Social número 5 (REF) de Vigo en autos número 729/2016 sobre cantidades e con revogación da devandita resolución desestimamos a demanda reitora dos autos fronte a Mantelnor Limpiezas, S.L., e, en consecuencia, condenamos o pagamento da cantidade reclamada de 3.451,05 euros a Limpiezas Noroeste, S.A.U., e á súa administradora concursal Convenia Profesional, S.L.P., a estar e pasar por tal condena e ao Fondo de Garantía Salarial en forma e medida regulamentaria para o suposto de insolvencia da condenada, mantendo a absolución do concello de Vigo.

En canto a depósito, aseguramento e custas estese ao razoado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas del Noroeste, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza