Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2018 Páx. 21248

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO do 12 de abril do 2018 polo que se convocan procesos selectivos para a contratación de persoal temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos
REF.PER.-2018/01-09, para a contratación, polo sistema de concurso e mediante contrato de duración determinada, de persoal científico-técnico con cargo a diversos proxectos de I+D+i.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avenida de Galicia, nº 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 12 de abril de 2018

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne