Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2018 Páx. 21246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de abril de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se fan públicas notificacións de incoación do expediente de reclamación de danos RD/PO-112/2017 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica en expediente de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 9 de abril de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Estrada

RD/PO-112/2017

Eva Solla Fernández

Incoación de expediente

PO-331 (Torneiros - Gondomar)

RD/PO-167/2017

Carlos Miguel Costa Martínez

Incoación de expediente

CG-4.1 (Rande - Alto da Portela)

RD/PO-170/2017

María Begoña Estévez Barros

Incoación de expediente

PO-400 (Salvaterra de M.- Filgueira)

RD/PO-172/2017

Fco. Javier González Lomba

Incoación de expediente

PO-552 (Vigo - Tui)