Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2018 Páx. 21249

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de persoal laboral temporal con carácter interino.

A Fundación Galicia Europa publica convocatoria para cubrir un posto de traballo con carácter interino mediante contrato temporal dunha praza de técnico para a oficina de Bruxelas.

As bases da convocatoria e o formulario de solicitude están dispoñibles na páxina web da Fundación Galicia Europa www.fundaciongaliciaeuropa.eu e nas dependencias da Fundación en Bruxelas e Santiago de Compostela.

As solicitudes presentaranse en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario que se inclúe como anexo nas bases da convocatoria. Tamén poderán presentarse no rexistro da FGE (rúa Hórreo, 61, 15701 Santiago de Compostela, ou Rue de la Loi 38, bte. 2, 1040 Bruxelas).

O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio indicativo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente da Fundación Galicia Europa