Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2018 Páx. 21205

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 715/2017).

Despedimento obxectivo individual 715/2017

Sobre despedimento

Demandante: Juan Evaristo Rodríguez Enjamio

Avogada: María Laura López Nieto

Demandados: Fogasa, Aparcamientos Labacolla, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 715/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Evaristo Rodríguez Enjamio contra Aparcamientos Labacolla, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Sentenza: 138/2018.

Despedimento obxectivo individual 715/2017.

Sobre despedimento.

Demandante: Juan Evaristo Rodríguez Enjamio.

Avogada: María Laura López Nieto.

Demandados: Fogasa, Aparcamientos Labacolla, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa.

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 715/2017, sobre despedimento, seguidos por instancia de Juan Evaristo Rodríguez Enjamio, asistido pola letrada Laura López Nieto contra a entidade Aparcamientos Lavacolla, S.L.

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Juan Evaristo Rodríguez Enjamio contra a entidade Aparcamientos Lavacolla, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 12 de setembro de 2017 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que readmita o traballador demandante nas mesma condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 37,80 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante da indemnización de 18.124 euros por despedimento improcedente, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que optase entenderase que procede a readmisión.

Condeno, así mesmo, a empresa demandada aboar ao demandante a cantidade de 1.311,61 euros como cantidades debidas en competo de salarios debidos, máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aparcamientos Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza