Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20900

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial da Uceira (MP-1/2017-A Uceira).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do día 12 de marzo de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación do Plan parcial do polígono industrial da Uceira MP-1/2017-A Uceira (nova definición de usos na zona comercial) promovida polo Concello e redactada polo arquitecto municipal, nos termos que constan no expediente.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, someter o expediente a información pública polo prazo de dous (2) meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o dito período quedará o expediente de manifesto no Departamento de Urbanismo, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas. No dito prazo os interesados poderán formular as alegacións que teñan por conveniente para a defensa dos seus dereitos e intereses.

Terceiro. Suspender o outorgamento de aprobacións, autorizacións e licenzas urbanísticas nas áreas en que as novas determinacións para elas previstas supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

Cuarto. Comunicar persoalmente a apertura e duración do trámite de información pública aos propietarios de terreos comprendidos no ámbito da modificación puntual do plan parcial. O chamamento realizarase a cantos figuren como propietarios no Catastro en exixencia do artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Quinto. Requirir os informes, ditames ou outro tipo de pronunciamento dos órganos e entidades administrativas xestoras de intereses públicos afectados, previsto legalmente como preceptivos, que deberán ser emitidos nesta fase de tramitación da modificación do Plan parcial e nos prazos que estableza a lexislación sectorial correspondente.

O Carballiño, 11 de abril de 2018

Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde