Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal, por Acordo do Pleno do 22 de marzo de 2018, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello (https://sede.concello-cabana.es/es/).
Queda suspendido o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.
As áreas afectadas pola suspensión son as que se determinan no informe e plano de suspensión de licenzas elaborados polo equipo redactor denominado «Ámbito de suspensión de licenzas».
Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a devandita aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.
Cabana de Bergantiños, 23 de marzo de 2018
José Muíño Domínguez
Alcalde