Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 20 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2018/7-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Fresno Cristal, S.L.U.

Domicilio social: A Telva, 1 A, 15181 Sigrás, Cambre.

Denominación: LMTS 20 kV DC a CS Fresno Cristal e CT/CS Fresno Cristal-polígono de Acevedo, Cerceda, A Coruña.

Situación: rúa Acevedo, 35, polígono Industrial Acevedo, 15185 Cerceda.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada (20 kV), con inicio e fin na liña LMT soterrada número 1 a CTC Ferromeira da empresa distribuidora Unión Distribuidores Electricidad, S.A., logo de entrar e saír no CS proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2) Al, lonxitude 4+4 m.

Centro de seccionamento en edificio prefabricado. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interrutores-seccionadores e unha de protección (24 kV, 630 A, 16 kA).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuizo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 20 de marzo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña