Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorga a autorización administrativa previa e de construción da planta de xeración eléctrica a partir de biomasa e a súa liña de evacuación que Greenalia Biomass Power Curtis Teixeiro, S.L. promove no concello de Curtis, A Coruña (IN408A 2017/001-1).

Detectado erro na resolución referida, cómpre efectuar a seguinte corrección:

No antecedente de feito oitavo, onde di: «Con data do 30 de xaneiro de 2017, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio resolveu outorgar a autorización ambiental integrada número 1017-IPPC-42-312 á planta de xeración eléctrica de referencia»; debe dicir: «Con data do 30 de xaneiro de 2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio resolveu outorgar a autorización ambiental integrada número 2017-IPPC-42-312 á planta de xeración eléctrica de referencia».