Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20632

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2018 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución do 21 de decembro de 2017 (DOG núm. 245, do 28 de decembro) publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras, están analizándose as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que carecen dalgún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido detallado do requirimento que se fai.

Os requirimentos obxecto desta resolución non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Habilitar un prazo de 10 días naturais para que os requiridos accedan á Oficina Virtual do Igape desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no enderezo www.tramita.igape.es, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para acceder ao requirimento individualizado de emenda. Entenderase rexeitado cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición do requirimento sen que se aceda ao seu contido.

Terceiro. Establécese un prazo de dez días hábiles para achegar a documentación sinalada, contados a partir do día hábil seguinte ao acceso ao requirimento individualizado, ou a partir do día en que se puxo á súa disposición no caso de non acceder ao seu contido.

Cuarto. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, teráselle por desistido na súa petición ao solicitante e arquivarase o expediente, trala correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG229.2018.1.1

Asociación Cultural Efega

G70221122

IG229.2018.1.2

Asociación de Empresarios del Deza

G36187169

IG229.2018.1.3

Fundación Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga)

G36983575

IG229.2018.1.4

Fundación Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga)

G36983575

IG229.2018.1.5

Anfaco

G36625309

IG229.2018.1.6

Asociación de Empresas de Tecnología de Galicia

G36969525

IG229.2018.1.7

Fundación Cupa

G32458713

IG229.2018.1.8

Anfaco

G36625309

IG229.2018.1.9

Anfaco

G36625309

IG229.2018.1.10

Fundación Cupa

G32458713

IG229.2018.1.11

Fundación Cupa

G32458713

IG229.2018.1.12

Asoc. Prov. Empres. Construcción Ourense

G32015828

IG229.2018.1.13

Asoc. Prov. Empres. Construcción Ourense

G32015828

IG229.2018.1.14

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

IG229.2018.1.15

Asoc. Prov. Empres. Construcción Ourense

G32015828

IG229.2018.1.16

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

IG229.2018.1.17

Asoc. Prov. Empres. Construcción Ourense

G32015828