Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20684

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 964/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 964/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra a empresa CTV, S.A., Editorial Compostela, S.A., Uno TV, S.L., Filmanova, S.L., Cinemar Films, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Video Galicia, S.A., Radio Televisión de Galicia, S.A., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa Tv, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Doblesón, S.L., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Televisión de Galicia, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2018.

Presentada pola letrada Antía Celeiro Muñoz, en nome e representación da parte codemandada Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. a documental acordada por SSª como dilixencia final, acordo, conforme o disposto no artigo 88.1 da LPL:

Dar traslado ás demais partes e indicarlles que no prazo de tres días poden alegar por escrito o que ao seu dereito conveña.

Notifíquese ás partes por medio de edicto no Diario Oficial de Galicia e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Filmanova, S.L. e Sodinor, S.A., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza